A SITUACION ECONOMICA DAS MULLERES. A POBREZA E A EXCLUSION SOCIAL.
O Premio Nobel de Economia 2023 foille concedido a Claudia Goldin, pola súa investigación centrada na comprensión das desigualdades de xénero e na configuración e evolución dos mercados de traballo. A Academia Sueca xustifica a entrega diste galardón dicindo: «A pesar da modernización, o crecemento económico e o aumento da proporción de mulleres empregadas no século XX, durante un longo período de tempo a brecha salarial entre mulleres e homes apenas se pechou. E ela proporcionou o primeiro relato completo dos ingresos das mulleres e a participación no mercado laboral ao longo dos séculos».
Aínda que os seus estudos se realizaron en Estados Unidos, as súas conclusións son validas para outros países, incluída España.
Claudia Goldin demostrou que a traxectoria da participación laboral non creceu de forma constante, se non con altibaixos. A finais do SXVIII mas da metade das mulleres casadas participaban no mercado laboral mentres que en 1900 só o facían o 10%. Logo empeza a subir de novo grazas á educación e sobretodo a os anticonceptivos que abriron as portas a una nova sexualidad e a una libertade grazas o control da maternidade, o que levou a poder realizar estudos mas prolongados e construír unha carreira profesional.
Nos últimos coarenta anos, onde a educación equiparouse entre xéneros e mesmo se superou, nos atopamos con outra variable que impide superar a brecha salarial: o tempo dedicado ao traballo. O incremento dos traballos administrativos e de servizos, onde os xefes tenden a valorar sobremaneira aos empregados que están mas tempo no seu posto de traballo (unha nova forma de exclavitude), leva a que os homes estean mais dispoñibles para facer longas xornadas laborables. A partir de ter fillos, a participación das mulleres nas horas de traballo, disminúe.
A desigualdade no tempo libre, o que podemos chamar pobreza de tempo, é unha das maiores desvantaxes que padecen as mulleres.
A Premio Nobel argumenta que, “para pechar a brecha de xénero relacionada co feito de ter fillos, faría falta cambiar o xeito na que se organiza o traballo, e non a forma de ser das mulleres.»
Esta investigación nos fai pór o foco nos coidados, un tema do que cada vez se fala máis e vemos a máis países que queren dar o paso a un sistema nacional que se ocupe deles. Sin cuidados non hay vida, e sin vida non hay política, nin mercados, nin unha sociedad conscente de seu propio valor. Cómpre que as mulleres que decidan ser nais teñan unhas condicións laborais dignas e se leven a cabo políticas públicas que lles permitan realizarse no ámbito profesional, como por exemplo, garderias no lugar de traballo.
Claudia Goldin di que entender as causas que levan á desigualdade de xénero no mercado de traballo «non é só unha cuestión de xustiza social, senón tamén un tema de eficiencia económica, xa que unha maior igualdade permite unha asignación máis eficiente do talento feminino».
Esta desigualdade histórica reflíctese nas cifras de mulleres en risco de pobreza e exclusión social. Actualmente, en España, o 30% das mulleres en idade laboral atópase nesta situación. Dentro diste grupo as mulleres maiores de 50 anos, con discapacidade, con responsabilidades familiares e vítimas da violencia de xénero, son as principais compoñentes.
Está previsto que, dos fondos Next Generation recibidos da unión Europea, mais da metade, se invistan en áreas que afectan a loita contra a pobreza e a exclusión social. As empresas que presenten proxectos para optar a estes fondos poderán adoptar medidas a favor da igualdade favorecendo o acceso da muller ao emprego, asegurando a igualdade salarial, formando no liderado para a promoción da muller para ocupar postos de dirección e promovendo a conciliación e a corresponsabilidade coa adopción de medidas como o tele traballo, a flexibilidade horaria, xornadas intensivas… Esta é a teoría. Pero a realidade é que o 20%, o xestiona o Estado e o 80%, as comunidades autónomas. Cabe a dúbida de que estas medidas se inclúan na totalidade dos proxectos ou desvirtúense polo camiño segundo a ideoloxia dominante en cada administración.
Atendamos agora o tema das pensions. A diferente traxectoria socio laboral das mulleres maiores respecto dos homes repercute e persiste nas condicións económicas trala idade de xubilación. Para moitas mulleres maiores de 65 anos, os seus ingresos proceden de pensións de viuvez o non contributivas. Non teñen pensións de xubilación propia por ter dedicado a súa vida a labor fundamental do coidado de fillos e maiores, feito que se irá corrixindo segundo se vaian xubilando as mulleres que traballan fora da casa, aínda que con pensións inferiores ás dos homes debido á brecha salarial.
Por iso, debemos reivindicar para este colectivo medidas adicionais que compensen a diferenza de ingresos:
-Unhas pensions equiparables a o salario mínimo interprofesional
-Unha asistencia sanitaria especializada para mellorar a súa calidade de vida,
-Residencias onde se respecten as súas preferencias e desexos,
-Coidados no fogar para as que decidan e poidan permanecer nel,
– Fomentar as redes sociais e culturais para que poidan levar unha vida activa y evita-la soidade non desexada pra seguir formando parte de pleno dereito da sociedade.
Sin negar os grandes avances acadados, cen anos mais tarde seguimos a reivindicar o “pan e rosas”, con os que as nosas aboas no 1912, fixeron unha folga pedindo melloras salariales e una vida digna.
“Nuestras vidas no serán explotadas desde el nacimiento hasta la muerte;
los corazones padecen hambre, al igual que los cuerpos.
¡pan y rosas, pan y rosas!”
Luz Iglesias- Marzo 2024