Como en años anteriores, el 8M se celebra un Pleno Extraordinario en el Concello de Vigo para dar voz a las asociaciones componentes del Consello Municipal da Muller. La Asociación de Viudas Demócratas de Vigo leyó el texto siguiente:

SITUACIÓN ECONOMICA DA MULLER: pobreza e exclusión social.

Hai un tema do que debemos seguir ocupándonos. Somos conscientes de que, no mundo occidental, o papel das mulleres no ámbito laboral mellorou substancialmente respecto a 25 anos atrás ou á situación noutros países.

Aínda que a desigualdade de ingresos por razóns de xénero e raza reducíronse no século XX, seguen sendo elevadas. Malia este indiscutible avance, hai motivos para a preocupación. As mulleres continuamos loitando por aumentar a nosa presenza nos estratos superiores da distribución de ingresos.

¿Que se interpón no camiño dun maior avance? Estudos recentes, realizados en diferentes países, analizados pola economista belga Marianne Bertrand, proporcionaron probas do papel da maternidade na persistente brecha de xénero tanto na man de obra como aos salarios. En todos os países analizados, as tendencias relativas aos ingresos brutos son parecidas para homes e mulleres antes de ter fillos. Porén, posteriormente prodúcese unha notable diverxencia. As nais experimentan unha brusca diminución de ingresos que empeza xusto despois do parto. Isto pode deberse a diferentes causas:

– o abandono por completo do traballo,

– a redución do número de horas traballadas,

-a diminución da retribución por hora,

-ó ocupar empregos peor pagados que lles ofrecen maior flexibilidade,

— unha ralentización da traxectoria profesional das que continúan ocupando cargos nos que se valora positivamente a dispoñibilidade horaria e a mobilidade.

¿Por qué só as mulleres sofren este maltrato?

Os gobernos deberían esforzarse por deseñar otras políticas que axuden ás nais a conciliar as súas carreiras e as súas obrigas familiares que, como todas sabemos, non son exclusivas delas e que, por unha absurda tradición, seguimos desempeñando. Na actualidade, está demostrado que políticas familiares máis xenerosas non comportan necesariamente mellores resultados. Unha baixa de maternidade prolongada pode prexudicar as mulleres no mercado laboral, xa que permanecen sen traballar demasiado tempo, acumulan menos experiencia e costa recuperar o ritmo anterior á maternidade. Tamén é moi posible que a obrigatoriedade da baixa de maternidade disuada aos empregadores á hora de contratar mulleres en idade fértil, debido aos custos aos que terán que facer fronte.

Pola contra, uns maiores niveis de gasto público no coidado dos fillos ea educación infantil, teñen uns efectos positivos indiscutibles na participación das mulleres no mercado laboral e no seu salario. Outro aspecto recente das políticas familiares son as «cotas paternas» que reservan baixas remuneradas para os pais, que se perden en caso de que non se aproveiten. Estas «cotas paternas» son un avance político prometedor no sentido que van dirixidas ao centro da asimetría de xénero nas responsabilidades do coidado dos fillos (En España equiparouse coa de maternidade no 2025 e non é transferible). E mostrouse que os pais están máis dispostos a acollerse ás cotas se viron facer o mesmo a outros familiares ou compañeiros de traballo. Tería que ser obrigatorio. Aínda que, ata agora, as evidencias do seu impacto nos resultados laborais das nais son variadas, son un exemplo de cómo as leis poden deseñarse para acelerar os cambios nos roles de xénero.

As opcións académicas son outro factor importante que representa un lastre para elas no mercado laboral son as. Aínda que as mulleres superaron aos homes en anos de estudo en case todo o mundo desenvolvido, elixen sistemáticamente campos de estudo diferentes aos homes. É menos probable que elas obteñan titulacións universitarias en ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas que en humanidades. Dado que os estudos de STEM abren a porta a empregos ben remunerados e que ofrecen algo máis da flexibilidade que necesitan as nais. Fomentar que mais mulleres opten polo campo das ciencias e matemáticas, sería un obxectivo político importante.

Un estudo realizado en 2019 por Breda e Napp, aprendeunos que a brecha de xenero na intención de estudar matemáticas podería explicarse polo feito de que as mozas toman as decisións relativas á súa carreira profesional na tradición e non en se teñen a capacidade necesaria para triunfar nun campo determinado. Isto leva consigo un papel importante do asesoramento educativo nos institutos, de modo que as mozas sexan mais conscientes dos salarios e as implicacións profesionais das diferentes opcións académicas antes de tomar decisións difíciles de corrixir sobre o futuro dos seus estudos.

A brecha salarial de xenero vaise ampliando coa idade e ao longo da carreira profesional. Con menos diñeiro para aforrar e investir, estas brechas acumúlanse e, en consecuencia, as mulleres corren un maior risco de pobreza e exclusión social a unha idade maior. A brecha das pensións de xenero foi dun 28%, en 2020.

Reducir a brecha salarial reduciría a pobreza, melloraría a igualdade de xénero e estimularía a economía, xa que as mulleres poderían gastar máis. Isto aumentaría a base impositiva e aliviaría a carga sobre os sistemas de asistencia social.

Por tanto, temos que seguir loitando por políticas públicas que se encamiñen a erradicar esta desigualdade.

Aínda hai moito por facer.

Luz Iglesias Herrero