Dentro de los actos del 8M, se proyectó ayer el documental «Las maestras de la Republica» que fue presentada por la Concejala de Igualdad, Ana Laura, y nuestra compañera Luz.

El texto de la presentación fue el siguiente:

AS MESTRAS DA REPÚBLICA

Boas tardes

Sor Juana Inés de la Cruz no seculo dezasete xa dixo: «A ignorancia é o primeiro obstáculo para a liberdade feminina», e estas datas son necesarias para seguir aprendendo.

Entre os eventos programados polo Consello da Muller e a Concelleria de Igualdade con motivo do oito de marzo, proxectamos hoxe o documental “AS MESTRAS DA REPÚBLICA”, premio Goya ao Mellor Documental en 2014.

Esta pelicula foi producida en 2013, baixo a dirección de Pilar Pérez Solano, quen tomou como fío condutor o libro “Historia dunha mestra” de Josefina Aldecoa.

As mestras da República participaron na consecución dos dereitos das mulleres e debémoslles a modernización da educación, que se baseaba nos principios dunha escola pública, laica e democrática. Este documental, a través da recreación da vida dunha  mestra da época e imaxes de arquivo inéditas, revela o legado que nos deixaron estas mulleres e que se conserva ata hoxe.

Non é novo afirmar a enorme dedicación da República Española ao tema da educación.  De todas as reformas que se levaron a cabo despois de abril de 1931, sen dúbida a estrela foi a da educación. Aínda que aplicou modelos pedagóxicos xa coñecidos e mesmo desenvolvidos en épocas anteriores, o seu traballo foi achegar a educación e a cultura a todos os recunchos de España do que anos antes foran experiencias sinxelas e moi particulares.

Ademais, suprimíronse as materias relixiosas e domésticas e creáronse escolas nocturnas para traballadoras. En resumo, no que respecta á educación, sobre todo pra as mulleres, o traballo lexislativo republicano foi un intento de afastar a España das concepcións do século dezanove que se tiñan sobre a escola e a muller.

Espero que este documental reforce a necesidade dunha escola pública, laica e democrática que hoxe está a sufrir graves reveses.